Google Maps JavaScript API Example
A excelente situación da pousada fai que atopala sexa moi sinxelo.
En principio cando un se despraza dende Santiago de Compostela ata Noia, atoparase con dúas alternativas para chegar, as entradas Noia Norte e Noia Sur, por calquera delas o acceso á pousada é inmediato, simplemente deben avanzar pola vila e chegar ata o centro da mesma, onde se atopa a Alameda, un dos lugares máis singulares de Noia. A pousada atópase nunha das esquinas da mesma.
Neste mapa pode navegar e observar a situación exacta do hostal. Aquí accede a Google maps, nunha ventana nova e de maior tamaño